Saturday 27 de April de 2024

A Xunta pretende ampliar o proxecto ARIEM 112 que consolida unha cooperación transfronteiriza rápida e éficaz entre Galicia e Norte de Portugal


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe unha nova reunión de seguimento do proxecto na que explicou que o proxecto garante a asistencia mutua entre as rexións

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe unha nova reunión do comité de seguimento do proxecto europeo Ariem 112, para analizar a súa posta en marcha e facer balance do proxecto, na que destacou que se cumpriron con creces os obxectivos plantexados dende o inicio do proxecto.

Alfonso Rueda incidiu que tense dotado aos CAE112 das tres partes: Galicia, Norte de Portugal e Castela e León dunha canle de comunicación áxil que permite o intercambio de información sobre emerxencias en tempo real e a mobilización eficaz de recursos, o que implica que os profesionais destas zonas estean mellor preparados para facer fronte a calquera emerxencia que poida xurdir e ofrece a mellor resposta.

O Proxecto presentarase á nova convocatoria de fondos europeos para renovar o proxecto e poder seguir avanzando, polo que a Galicia, Norte de Portugal e Castela e León, sumarase tamén a rexión Centro de Portugal; ampliarase o catálogo de medios e recursos; serán elaborados mapas de riscos en todo o territorio, seguirase coa formación conxunta e os simulacros, difundindo información e sensibilizando á poboación; e impulsarase a aplicación das Novas Tecnoloxías en materia de emerxencias.

Grazas ao proxecto Ariem 112, existen protocolos de actuación conxunta, púxose en marcha unha aplicación que permite solicitar axuda e ofrecer recursos de xeito coordinado; dotouse aos servizos de emerxencia de equipamentos e material específico, entre os que destacan dous drons, equipos de telecomunicacións e vehículos; foron realizado simulacros e os profesionais das emerxencias teñen recibido formación adecuada ás características do proxecto.

No proxecto vixente foron adquiridos 2 drons para apoio da xestión ás emerxencias; a aplicación Remote Manager Ariem 112; APP xeolocalizador de persoas; 380 terminais TETRA; 1 cabeza tratora, 2 remolques, 3 camións cisterna, 13.300 detectores de fume, 5 equipos de excarceración, 4 cámaras térmicas, 2 embarcacións, 2 pickups e 110 equipos de respiración autónoma.